| APTITUDE(8) | System Manager's Manual | APTITUDE(8) |
NOME
aptitude - interface a pantalla completa para o xestor de paquetes.
SINOPSE
aptitude
DESCRICIÓN
aptitude é unha interface en modo texto para o sistema de paquetes de Debian GNU/Linux.
Permítelle ao usuario ve-la lista de paquetes e realizar tarefas de xestión de paquetes coma a instalación, actualización e eliminación de paquetes. Por defecto, aptitude deixa dispoñibles as seguintes teclas e comandos:
- q
- Saír do contexto actual, gravando os cambios.
- x
- Saír do contexto actual, abandonando os cambios.
- ?
- Amosar unha pantalla de axuda en liña.
- Arriba, j
- Move-la barra de selección un elemento cara a arriba.
- Abaixo, k
- Move-la barra de selección un elemento cara a abaixo.
- ^
- Move-la barra de selección cara ao pai do elemento actual.
- Intro
- Expandir ou contraer un grupo de paquetes.
- [
- Expandir unha árbore de paquetes completa.
- ]
- Contraer unha árbore de paquetes completa.
- Intro, i
- Amosar información acerca dun paquete.
- +
- Cancela-lo borrado dun paquete, ou solicita-la súa instalación ou actualización.
- -
- Cancela-la instalación dun paquete, ou solicita-la súa eliminación.
- =
- Reter un paquete (ou quitalo da retención se é un paquete retido non actualizable).
- _
- Solicita-la eliminación dun paquete e tódolos seus ficheiros de configuración ("purgar").
- u
- Actualiza-las listas de paquetes dispoñibles.
- g
- Realizar tódalas instalacións, eliminacións e actualizacións pendentes.
- Control-u
- Desface-la última acción ou conxunto de accións.
- /
- Realizar unha busca.
- Repeti-la última busca.
- v
- Amosar tódalas versións dun paquete dispoñibles.
OPCIÓNS
A versión actual de aptitude non recoñece opcións de liña de comandos.
VER TAMÉN
apt-get(1), apt(8), /usr/share/doc/aptitude/README.
AUTOR
Esta páxina de manual escribiuna Daniel Burrows <[email protected]>.
TRADUCTOR
Esta páxina de manual traduciuna Jacobo Tarrío Barreiro <[email protected]>.
| 9/8/00 |